XXI Festa da Pisa da Castaña – Froxán, O Courel

Data: Do 07/12/2019 ao 07/12/2019
Lugar: Froxán - O Courel

O sábado 7 de decembro celebrarase unha nova edición da Festa da Pisa da Castaña en Froxán, pertencente á parroquia de Vilamor do termo municipal de Folgoso do Courel.

Os actos darán inicio ás 11.30 horas co encendido do sequeiro.

Ás 12.30 horas dará comezo a demostración do pisado da castaña seca e o abandoxado de forma tradicional.

Ás 13.30 horas terá lugar a lectura ao pregón a cargo do actor Xosé Barato.

Ás 14.00 horas dará inicio o xantar do pisador, onde os presentes poderán degustar castañas acompañadas de produtos de porco e sobremesas elaborados con castaña.

Ás 16.00 horas, comezará a mostra de aserrado de madeira e ás 20.00 horas culminará a festa.

Durante todo o día haberá animación musical e baile a cargo de grupos tradicionais.