XXV Festa da Castaña e do Cogomelo – Riós

Data: Do 02/11/2019 ao 03/11/2019
Lugar: Riós

Durante os días 2 e 3 de novembro o municipio de Riós celebrará a Festa da Castaña e do Cogomelo, declarada de Interés Turístico de Galicia, para ensalzar estes produtos típicos do outono.

O Sábado 2, ás 10.00 horas terá lugar a Ruta da Castaña.
Pola tarde haberá un obradoiro para adultos ‘Memorias de Prata’ e outro infantil ‘Xogando coa Natureza’. Tamén haberá unha charla sobre aproveitamento sostible do souto (terreo poblado de castañas) e ás 19.30 horas dará comezo o magosto popular a base de chourizos, pan, empanada, castañas, bica e bebida, cun prezo de 5 euros e que estará amenizado por Os Trouleiros.

O Domingo 3, ás 10.30 horas procederase á apertura dos stands da feira e na planta baixado Multiusos comezarán as exposicións programadas. Ás 11.00 horas comenzarán os pasarrúas da charanga Támega e os showcookings impartidos por varios chefs. Ás 12.30 horas entregarase a “Castaña de Ouro” e ás 13.00 horas comezará a degustación de produtos típicos: chourizos, castañas asadas e bebida, cun prezo de 4 euros. Tamén haberá pulpo para degustar a prezos populares. Ás 14.00 horas todos os asistentes poderán disfrutar, nos restaurantes do municipio, de menús especiais elaborados con produtos de temporada.