Data:
Do
06/12/2019
ao
08/12/2019
Lugar:
Forcarei
Festa gastronómica dedicada á carne de ” richada” que se celebrará do venres 6 ao domingo 8 de Decembro no municipio de Forcarei.
Durante estes días os restaurantes París, Vitoria e Florida servirán un menú completo de ” richada” a 15 euros por persoas que estará composto por: primeiro prato a escoller, richada de segundo, sobremesa, café e bebida.
A festa contará na súa programación con actividades lúdicas complementarias.
O venres 6 ás 11.30 horas inaugurarase unha exposición sobre o acordeón na música de Forcarei, ás 12.00 horas haberá xogos de mesa e cantos de taberna con Lus de Keikoa e ás 13.00 horas pasacalles e concerto da Banda de Gaitas de Forcarei. Ás 17.00 horas impartirase un obradoiro de música para nenos/ as e adultos e ás 18.00 horas levará a cabo a entrega de cartas a Papá Noel.
O sábado 7, ás 12.00 horas comezarán as actividades de manualidades para os pequenos e ás 13.00 horas haberá un concerto. A partir das 17.00 horas terá lugar un obradoiro de música para nenos e adultos. Ás 18.00 horas entregaranse as cartas destinadas aos Reis Meigos. Domingo 8, ás 12.00 horas haberá un taller de maquillaxe para nenos/ as e desde as 13.00 horas os Amigos Acordeonistas de Celanova animarán a festa.
Haberá petiscos para degustar nos bares e cafetería da localidade.