A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza esta Semana Santa en Madrid a terceira edición da tenda pop up Galicia, Saberes e Sabores, que se celebrará no Palacio de Santa Bárbara (Hortaleza, 87) entre o 12 e o 21 de abril. Na iniciativa poderase tocar e saborear a esencia de Galicia grazas […]
A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza esta Semana Santa en Madrid a terceira edición da tenda pop up Galicia, Saberes e Sabores, que se celebrará no Palacio de Santa Bárbara (Hortaleza, 87) entre o 12 e o 21 de abril. Na iniciativa poderase tocar e saborear a esencia de Galicia grazas á presenza de nove profesionais de Artesanía de Galicia, así como de dez expositores de produtos gastrónomicos. Ademais, haberá un espazo de exposición e venda de pezas artesanais elaboradas por arredor de 50 talleres artesáns galegos.
Como en anteriores edicións, a programación completarase con actividades e talleres de gastronomía e artesanía gratuítos para familias. Da man de Galicia Calidade, un dos expoñentes da cociña lucense, o xefe de cociña Héctor López do restaurante España de Lugo, que conta con dous Soles Repsol, será o encargado dun showcooking o martes 16. Pola súa banda, a enóloga Cristina Murga dirixá sendas catas de viños Galicia Calidade o 20 e 21 de abril.
O programa de actividades acollerá tamén tres talleres a cargo do recoñecido barista compostelán Óscar de Toro. Así, o sábado 13 impartirá o taller Descubre un leite Únicla. O domingo 14, no taller Servicio Perfecto by Estrella Galicia, de Toro, campión Galego de Beer Master, ensinará a tirar a cana perfecta.
Por outra banda, o venres 12 o xefe de cociña Jorge Gago, do restaurante compostelán A Maceta, dirixirá o primeiro dos showcookings que acollerá a aula de cociña da tenda pop up Galicia, Saberes e Sabores. Pola súa parte, a cociñeira Lucía Freitas, que conta cunha Estrella Michelin e un Sol Repsol no seu restaurante A Tafona de Santiago de Compostela, tamén impartirá un showcooking o sábado 13 e dirixirá o venres 12 o taller Do mar ao prato, un curso de preelaboración de diferentes peixes, mariscos e algas.
A nova edición do Pop Up Galicia, Saberes e Sabores estará aberta de luns a xoves en horario ininterrompido de 12:30 a 21:30 horas, o venres e o sábado de 12:00 a 22:30 horas e o domingo de 12:00 a 21:30 horas.