Galicia Calidade ofrece aos turistas 42 establecementos para gozar da súa estancia na comunidade galega

Galicia Calidade ofrece aos turistas 42 establecementos para gozar da súa estancia na comunidade galega

21/03/2018 - 13:00

A só uns días do comezo das vacacións de Semana Santa, período no que se producirán millóns de desprazamentos e no que o turismo estará en pleno apoxeo, Galicia Calidade ofrece a todos aqueles que visiten a Comunidade Autónoma galega, un abano de posibilidades en canto a aloxamento ou restauración se refire. Neste caso, o […]

A só uns días do comezo das vacacións de Semana Santa, período no que se producirán millóns de desprazamentos e no que o turismo estará en pleno apoxeo, Galicia Calidade ofrece a todos aqueles que visiten a Comunidade Autónoma galega, un abano de posibilidades en canto a aloxamento ou restauración se refire.

Neste caso, o selo de calidade conta co Grupo ‘Lecer’, no que están agrupados 42 establecementos (hoteis, restaurantes, aloxamentos rurais e portos naúticos) de toda Galicia que durante estas datas ofrecen aos seus clientes diversas ofertas e descontos, dando paso á nova tempada de cara ao verán.

Neste sentido, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, afirma que “é fundamental que os turistas que visitan Galicia e que optan por aloxarse ou degustar a gastronomía galega nos establecementos certificados co selo de calidade vivan unha experiencia única, inigualable, que os anime a volver de novo á nosa comunidade”.

Ademais, hai tan só uns días lanzouse a edición de peto, en papel e en versión online, dun catálogo do Grupo Lecer, un formato moi práctico para que todo aquel que necesite información sobre os devanditos establecementos poida tela a man en calquera momento. Todos os interesados poden solicitala a través dunha mensaxe privada na páxina de Facebook de Galicia Calidade (envío por correo postal ata esgotar existencias) ou ben poden descargala desde a páxina web de www.galiciacalidadelecer.gal nun banner lateral dentro do apartado de “Campañas”.

Listado de establecementos
A CORUÑA:
• Asador Vacavella
• Bodeguilla de San lázaro
• Bodeguilla de Santa marta
• Hotel Blue Coruña
• Hotel Monumento Pazo do río
• Hotel Pazo de Altamira
• La Postreria
• Mesón A Cepa
• Curro da parra
• Rincón da Baiúca
• Restaurante Bido
• Restaurante Cantina río covés
• Restaurante Chicolino
• Restaurante El Refugio
• Restaurante Finisterrae Casa de los peces
• Restaurante Finisterrae La Torre

LUGO
• A Parada das Bestas
• Casa das Xacias
• Hotel Alfonso IX
• Hotel Ego-Restaurante Nito
• Restaurante A Mirandilla
• Restaurante España
• Restaurante O Grelo

OURENSE
• Bar Tamarindo
• Restaurante A Carballeira
• Restaurante A Taberna
• Restaurante El Coto
• Restaurante O Barazal -Pazo Almuzara

PONTEVEDRA
• Bar Berberecho
• Casa de Cacheiro
• Casa rural Abadía Eiras
• Casa Vixide
• Eirado da leña
• Hotel Augusta Spa Resort
• Hotel Bosque Mar
• Hotel Campomar
• Hotel Rotilio
• Hotel Spa Nanín Playa
• Porto Deportivo Xoán Carlos I
• Restaurante Carmen
• Restaurante Mardivino Asador
• Restaurante Yayo Daporta
• Talaso Hotel Louxo La Toja