O pasado martes, Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, xunto con membros da equipa de Galicia Calidade, mantiveron unha xuntanza coa delegación xaponesa da rexión de Shima (Prefetura de Mie), centrada na marca de garantía galega. O encontro tivo lugar en Santiago de Compostela, no restaurante A Tafona da chef Lucía Freitas, que ademáis de estar integrada na plataforma […]
O pasado martes, Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, xunto con membros da equipa de Galicia Calidade, mantiveron unha xuntanza coa delegación xaponesa da rexión de Shima (Prefetura de Mie), centrada na marca de garantía galega.
O encontro tivo lugar en Santiago de Compostela, no restaurante A Tafona da chef Lucía Freitas, que ademáis de estar integrada na plataforma Galicia Calidade Lecer, conta cunha estreita relación co país nipón.
A delegación xaponesa estaba formada polo Alcalde de Shima, Chihiro Takeuchi, así como membros do departamento de Política e Promoción do concello de Shima e do departamento de Deporte do Comité da Educación da localidade, entre outros representantes.
Os produtos Galicia Calidade estiveron presentes tamén no menú que tiveron oportunidade de degustar os participantes no encontro, no que se estaba incluída a Merluza de Celeiro, e tamén nos agasaios á delegación xaponesa, aos que lles foron entregadas fabas galegas da Cooperativa Terras da Mariña.