Galicia celebra o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Galicia celebra o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

26/02/2018 - 14:11

Coincidindo co 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, esta fin de semana estivo chea de celebracións, con distintos actos reivindicando a súa figura como “referente necesario” na procura de “dignidade” para a lingua e a cultura galegas.  Algúns establecementos do grupo Lecer, certificados co selo Galicia Calidade, participaron elaborando o tradicional “Caldo de […]

Coincidindo co 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, esta fin de semana estivo chea de celebracións, con distintos actos reivindicando a súa figura como “referente necesario” na procura de “dignidade” para a lingua e a cultura galegas.  Algúns establecementos do grupo Lecer, certificados co selo Galicia Calidade, participaron elaborando o tradicional “Caldo de Gloria”, preparado segundo a receita que expón o poema “Miña  casiña,  meu lar”.

Así, o sábado, a estatua da escritora na Alameda de Santiago foi testemuña dunha ofrenda floral, que tivo lugar ás 11.00 h. Máis tarde, no Hostal dos Reis Católicos, levouse a cabo un acto institucional, onde participou o noso director-xerente, Alfonso Cabaleiro, cunha lectura de fragmentos da obra da escritora.

Por todo isto, esta fin de semana Rosalía de Castro foi lembrada con numerosos actos por toda Galicia, nunha xornada que a Asociación de Escritores en Lingua  Galega (AELG) busca institucionalizar como Día de Rosalía.

Os establecementos participantes foron o seguintes:

SANTIAGO DE COMPOSTELA:

  • Bodeguilla de San Lázaro
  • Bodeguilla de Santa Marta

A CORUÑA:

  • Restaurante Bido
  • La Postrería
  • Hotel Blue Coruña

OURENSE:

  • Restaurante Tamarindo

RINLO:

  • Restaurante A Mirandilla de Rinlo