Galicia lanza con rexións europeas ‘Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route)’ a primeira ruta de submarinismo para descubrir patrimonio subacuático

Galicia lanza con rexións europeas ‘Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route)’ a primeira ruta de submarinismo para descubrir patrimonio subacuático

27/02/2018 - 12:00

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou no Talaso Hotel Louxo La Toja a iniciativa ‘Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route)’ xurdida ao abeiro do proxecto europeo ‘ Wildsea  Europe’ onde a Comunidade galega participará xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal. Esta iniciativa, que conta co apoio financeiro da Unión Europea, […]

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou no Talaso Hotel Louxo La Toja a iniciativa ‘Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route)’ xurdida ao abeiro do proxecto europeo ‘ Wildsea  Europe’ onde a Comunidade galega participará xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal.

Esta iniciativa, que conta co apoio financeiro da Unión Europea, nace para fortalecer a Europa como destino sustentable de alta calidade, capaz de crear unha identidade compartida baseada nos hábitats mariños e no inmenso patrimonio subacuático do océano Atlántico.  Así, a través dela, a Xunta salienta que permitirá conectar lugares de mergullo “de primeiro nivel” establecendo sinerxias cos deportes náuticos, a  enogastronomía, o turismo e a arqueoloxía marítima.