A nova edición de MONITUR 2018, o informe que valora e establece un ránking de competitividade turística relativa ás 17 Comunidades Autónomas, referido ao período 2014/2018, sitúa a Galicia no posto número 9 do ranking nacional, subindo unha posición desde a publicación do último estudo. Pais Vasco lidera este ránking grazas aos seus bos resultados […]
A nova edición de MONITUR 2018, o informe que valora e establece un ránking de competitividade turística relativa ás 17 Comunidades Autónomas, referido ao período 2014/2018, sitúa a Galicia no posto número 9 do ranking nacional, subindo unha posición desde a publicación do último estudo.
Pais Vasco lidera este ránking grazas aos seus bos resultados nos parámetros medidos no estudo: visión de márketing estratéxico; conectividade; ordenamento do espazo turístico; diversificación dos produtos; atracción do talento; prioridade política e gobernanza e desemprego e condicións económicas e sociais. Séguenlle as Illas Canarias, Madrid e Comunidade Valenciana.
Tras un dos períodos de maior crecemento e prosperidade do conxunto do sector turístico español, este informe aparece nun contexto de profundas transformacións que abre un novo ciclo competitivo para o turismo español.
O informe publicado por Exceltur elaborouse a partir de máis de 100 mil datos, a opinión de máis de 2500 empresarios e a valoración de máis de 80 indicadores para medir a competitividade turística.