Galicia, un bo exemplo da regulación exitosa das vivendas de uso turístico

Galicia, un bo exemplo da regulación exitosa das vivendas de uso turístico

18/03/2018 - 12:00

Cesáreo Pardal, secretario del Clúster de Turismo de Galicia, participou nunha mesa de debate sobre a situación actual e as políticas de regulación das vivendas de uso turístico no marco das conferencias celebradas na Feira Internacional de Turismo ITB Berlín 2018. O presidente da Federación Española de Asociaciones de Viviendas Turísticas (FEVITUR), Tolo Gamila, felicitou […]

Cesáreo Pardal, secretario del Clúster de Turismo de Galicia, participou nunha mesa de debate sobre a situación actual e as políticas de regulación das vivendas de uso turístico no marco das conferencias celebradas na Feira Internacional de Turismo ITB Berlín 2018. O presidente da Federación Española de Asociaciones de Viviendas Turísticas (FEVITUR), Tolo Gamila, felicitou a Galicia pola posta en marcha dun decreto exemplar no que se regulan este tipo de aloxamentos. “O de Galicia foi un caso de éxito debido a que conseguiron desenvolver e poñer en marcha un decreto de fácil cumprimento, que os inclúe no sector turístico e que é altamente beneficioso tanto para os usuarios coma para os propietarios destas vivendas”, explicou Gamila. Pola súa banda, o secretario do Clúster destacou que o decreto supuxo o alta de máis de 5.500 vivendas en Galicia nos nove primeiros meses de funcionamento e que a normativa foi froito dun intenso traballo de diálogo e cooperación público-privada para lograr establecer bases comúns coas que poder traballar.