Carrilleiras guisadas con puré de pataca e salsa de queixo afumado San Simón

Ingredientes:

  • 1 kg de carrilleiras de porco ou de tenreira
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 vaso de auga ou caldo de carne ou verdura
  • 1 cebola grande
  • Fariña para fritir a carne
  • Pementa branca
  • Sal
  • 50 g de queixo San Simón
  • 200 ml de tona líquida
  • Auga
  • Aceite de oliva

Preparación
Salgar as carrilleiras. Enfariñalas e fritilas nun par de culleradas de aceite quente pero sen que cheguen a tostar. Retiralas no lume, engadir a cebola picada e cociñar a lume medio. En canto a cebola comece a facerse, incorporar de novo as carrilleiras, verter o viño e a auga cun chisco de pementa, tapar e deixar facer a lume lento unha hora aproximadamente ou hora e media ata que estean moi tenras. Incorporar máis líquidos se é necesario.

Retirar as carrilleiras e pasar o resto da salsa pola batedora.

Poñer a quencer a tona nunha tixola pequena, incorporar o queixo San Simón en anaquiños e agardar a que se funda, mesturar o resto da salsa da carne, salgar e botar pementa.

Servir as carrilleiras acompañadas da salsa de queixo afumado.