Croquetas de mexillóns con queixo afumado San Simón

Ingredientes:

  • 300 gr. de mexillóns
  • Aceite de oliva
  • Fariña
  • Leite
  • Pementa Negra
  • Sal
  • Pan relado
  • 2 ovos batidos
  • 150 gr. de queixo San Simón

 

Preparación:

-Cocemos os mexillóns en auga con sal e, en canto abran, retirámolos con axuda dunha espumadeira. Reservamos o líquido de cocción.
-Limpamos os mexillóns e torámolos con axuda dunhas tesoiras. Mesturamos 250 ml de leite xunto con 250 ml de líquido coado de cocer os mexillóns.
-Nunha tixola refogámolos lixeiramente con aceite. Incorporamos dúas culleradas sopeiras cheas de fariña, e imos engadindo o caldo co leite pouco a pouco. Trataremos de remover continuamente para que non se formen grumos. Retiramos do lume a un prato e deixámolo que arrefríe para logo metelo na neveira.
-Cando a masa estea callada, formamos as croquetas e pasámolas por fariña, ovo batido e pan relado. Refrixeramos de novo as croquetas.
-Toramos o queixo San Simón e reservámolo para colocar despois enriba das croquetas.
-Quentamos abundante aceite nunha tixola e fritimos as croquetas ata que están douradas. Deixámolas escorrer sobre papel absorbente.
-Dispoñer enriba de cada croqueta un anaquiño cadrado de queixo San Simón con axuda dun espeto ou escarvadentes. Quentamos no forno ou no microondas para que o queixo se funda. Servimos quente.