Delicias de lumbrigante en salpicón, proposta de Hotel Louxo La Toja
Ingredientes:
- 1 lumbrigante de ½ kg
- 30 gr cebolleta
- 1 cuarto de lata de pemento morrón
- ½ Ovo cocido Galicia Calidade: (Avícola Tratante, Coren, Granja Campomayor, ou Pazo Vilane)
- 1 cullerada de aceite de oliva suave
- ½ cullerada de vinagre viño branco
- ½ cullerada de vinagre de módena
Elaboración:
Cocer o lumbrigante en auga con sal e Loureiro 10 minutos. Deixar arrefiar e pelamos a cola e cortámola en medallóns. Desfacemos o resto. Picamos a cebola, o pemento e o ovo e mesturámolo coa carne do lumbrigante. Aliñamos co vinagre e o aceite e deixamos repousar unhas horas para que colla sabor.
Presentamos en timbal o salpicón cos medallóns enriba e decoramos.