Dim- sum de botelo e salsa agridoce, proposta de Pepe Solla e Torre de Núñez
A masa:
- Follas de pasta wan ton.
O botelo
- 1 botelo
- 1 ceboliña vermella
- 2 ceboliñas de primavera
- Cocer o botelo ata que estea tenro, retirar e desmigar. Picar fino as ceboliñas, mesturar coa carne e encher con isto o wan ton para formar os dim- sum. Pechar cun pouco de auga e formar o bordo como se ve na foto.
Para a salsa de guindilla
- 500 grs guindilla coada
- 200 grs de auga
- 100 grs de azucre
- 70 grs de aceite de oliva
- 5 grs Gelespesa
- 100 grs de zume de lima
- Triturar todos os ingredientes na Thermomix ata conseguir unha salsa fina.
Ademais
- Cilantro
- Ceboliña vermella
- Chile vermello
- Cortar en anacos o chile e a ceboliña
Acabado e presentación
- Cocer o dim- sum na cesta de vimbia directamente, xusto no momento de servilo engadir a ceboliña, o cilantro e o chile. Acompañar coa salsa agridoce.