Empanadillas de chourizo criollo e curri verde

O criollo

  • 1 chourizo criollo

Asar a forno medio o criollo, desmigar e reservar.

Curri verde

  • 1 feixe de albáfega
  • 1 feixe de coandro
  • 1 lima
  • 2 follas de lima kéfir
  • 1 rama de citronela
  • ½ cebola tenra
  • 1 chile verde
  • 2 dl de mollo de coco

Triturar as aromáticas, a lima, a citronela, a cebola tenra e o chile co zume de lima, dar punto de sal e cociñar este mollo co leite de coco, coar e reservar. (Pódese optar por comprar a salsa de curri verde xa feita, no mercado hai moitas opcións hoxe en día).

Empanadillas

  • 1 paquete de pasta wan ton
  • Chourizo criollo da preparación anterior

Encher as láminas de pasta wan ton co chourizo e selar os bordos cun pouco de auga, reservar.

Ademais

  • Micro mézclum de brotes

Acabado e presentación
Freir as empanadillas en abundante aceite quente, deben quedar douradas e algo sufladas, deixar caer uns brotes, acompañar estas con a salsa de curri verde nun cunco para que cada un bote ao seu gusto.