Ensalada de polo proposta de Cantina Río Covés

INGREDIENTES :

  • Peituga de polo Galicia Calidade
  • Ovos Galicia Calidade
  • 1 kg de patacas Galicia Calidade
  • 500 gr. de cenorias
  • 100 gr de chícharos
  • Sal e pementa ao gusto
  • Aceite virxe extra.
  • Vinagre
  • 1 aguacate.

 

PREPARACIÓN:

Cocer  a  peituga de polo e gardar a  auga, deixar arrefriar  e desmiudar o polo.

Na auga do polo cocer a pataca (cortada en cubos) deixar arrefriar.

Na auga do polo cocer a cenoria  (cortada en cubos)

Cocer os ovos na auga con vinagre e sal uns 10 minutos, deixar arrefriar.

Cocer os chícharos 30 minutos.

Mesturar todos os ingredientes moi fríos.

Facer unha vinagreta moi suave e mesturar co aguacate moi triturado.

Finalmente mesturar as verduras, o polo e a vinagreta co aguacate.

 

Presentación do  prato:

Colocar nunha bandexa cadrada branca a ensalada cunha porción de pan frito .