Ensalada rusa rabiosa con xamón cocido, proposta de Pepe Solla e Torre de Núñez
Maionesa de chiles
Ingredientes:
- 1 bote de maionesa
- 1 lata de chile serrano en vinagre
Triturar os chiles co mollo da lata, coar. Mesturar coa maionesa ao gusto de cada un, máis ou menos picante e reservar.
Ensalada rusa
Ingredientes:
- Pataca
- Cenoria
- Chícharos
- Xudía Quenia
Cocer as distintas verduras segundo a súa naturalez, cortar en anacos en dados e reservar. Mesturar coa maionesa de chiles e gardar en frío.
Oliva negra
- 1 lata de olivas negras sen óso.
Escurrir as olivas e secar no forno a temperatura moi suave. Reservar.
Máis ingredientes
- Liscos de xamón cocido Torre de Núñez.
- Surtido de mini brotes.
Acabado e presentación
Cortar en anacos as olivas, cortar o xamón en tiras, montar o prato segundo a foto, empezando pola ensalada rusa, sobre esta o xamón, as ensaladas e terminar coas olivas rotas.