Fajita de nabo e lacón, proposta de Pepe Solla e Torre de Núñez

O lacón

  • 1 taco de lacón desalado
  • 1 bote de salsa tika  masala

Cocer o lacón ata que estea ben tenro en abundante auga, desmigar e guisar na salsa masala durante uns minutos máis e reservar.

Maionesa de chiles

  • 1 bote de maionesa
  • 1 lata de chile serrano en vinagre

Tritura os chiles co mollo da lata, coar. Mesturar coa maionesa ao gusto de cada un, máis ou menos picante e reservar.

Faijta

  • 1 nabo

Pelar e cortar na  cortafiambres finas láminas de  nabo cru e reservar.

Ademais

  • Ceboliña vermella cortada á xuliana fina
  • Cilantro rizado

Acabado e presentación

Encher as faijtas de nabo co desmigado de  acón  perfumado coa masala, rematar coa maionesa, a cebola e as follas, servir sen cubertos para comer cos dedos directamente.