Falso arroz de choco con pescada do pincho de Celeiro
Ingredientes:
- Choco
- Cebola
- Cenoria
- Allo porro
- Tinta de lura
- Carne de pemento chouriceiro
- Pescada do pincho
- Aceite
- Sal
- Codium seco
- Jalapeños en escabeche
- Lima
Elaboración
Realizamos un guiso tradicional de chocos na súa tinta, co seu habitual sofrito, sen deixalo demasiado tempo pois cortarémolo moi miúdo. Doutra banda, cocemos a pescada a baixa temperatura (a 55º ao vapor). Acompañamos de tres emusións, unha de codium seco, outra de jalapeño e outra de lima, co que aportamos toques picantes, cítricos e ácidos.
Fotos: María Leiro. Textos publicados en La Alacena Roja.