Fideuá de cogomelos, polo de curral e zamburiñas en salsa de vieira

Ingredientes:

  • 300 gr de fideos para fideuá
  • 250 gr de polo
  • 250 gr de cogomelos
  • 1 lata de zamburiñas en salsa de vieira
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola grande
  • Perexil fresco
  • 4 culleradas de tomate triturado
  • Azafrán
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal

Preparación
Toramos o polo e salteámolo uns minutos na pota que empregaremos para a fideuá xunto cun par de culleradas de aceite. Retiramos o polo e reservámolo.

Nese aceite pocharemos a cebola picada fina cunha culleriña de sal.

Cando estea transparente, engadiremos os cogomelos torados xunto cos allos e o perexil picados. Deixar facer ata que os cogomelos estean tenros.

Incorporar o tomate xunto cun pouco máis de aceite de oliva. Engadir os fideos e sofrixir lixeiramente.

Incorporar finalmente o polo, as zamburiñas escorridas, caldo de carne ou peixe e azafrán.

Remover todo, salpimentar se é necesario e deixar facer durante uns 10 minutos. Deixar repousar outros 5 tapados. Servir inmediatamente.