Niño Galicia Calidade proposta de Restaurante A Carballeira
Ingredientes
- 1 xema de ovo Galicia Calidade( Pazo Vilane, Coren, Granja Campomayor ou Avícola Tratante)
- 10 gr. de xamón Galicia Calidade (Torre de Nuñez, Coren) en po.
Para a coca:
- 60 gr. fariña
- 30 gr. Manteiga
- Un chisco de sal fino
- 20 ml. de auga
Para o niño:
- 1 Un recipiente para flan
- 30 gr. de nudels de arroz (fideos brancos chinos)
- Manteiga
Elaboración:
Como será o que máis tempo nos leve empezaremos a cocer a xema de ovo a baixa temperatura, 65 ºC durante 30 minutos.
Para evitar que se rompa a xema de ovo a colocamos en papel filmfacendo unha bolsa.
O Niño:
Cocemos os nudels de arroz durante 5 minutos en auga fervendo. Acto seguido sacamos os nudelse estirámo-lospara seca-los, mentres se secan untamos o recipiente para flan con manteiga(para evitar que se peguen os fideos). Unha vez secos os nudelsos colocamos no recipiente para flan facendo un niño de ave.
Una vez creado o niño, colócase o recipiente para flan no forno a 200 ºC durante 20 minutos (ata comprobar que o niño ten unha cor tostada).
A Coca:
Amasar a fariña ca manteiga e o sal, unha vez ben integrada a fariña, engadir a auga e amasar ata que quede unha masa homoxénea. Envolver en papelfilme deixar repousar 30 minutos. Estirar e deixar o máis fina posible eenfornar durante 30 minutos entre dúas bandexas, para evitar que infle.
Xamón en po:
Colocamos nunha bandexa de forno con papel de forno (se non se dispón del pódese usar papel prata),os 10 gr. de xamón, tápase con outra folla de papel de forno e metémo-lo no forno a 250 ºC durante 10 minutos ata que quede crocante. Logo collemos o xamón e o machucamos nun morteiro ata conseguir o pode xamón.
Montamos no prato o niño ca xema de ovo dentro, a coca nun lateral e engadimos o po de xamón a modo de decoración..