Ovos campeiros a baixa temperatura con escuma de pataca trufada, xamón e crocante de San Simón, proposta de Hotel Louxo La Toja

Ingredientes:

  • 2 ovos Galicia Calidade (Coren, Granja Campomayor, Avícola Tratante ou Pazo Vilane)
  • 200 gr patacas Galicia Calidade (Patatas Conde)
  • 75 ml de nata
  • 5 gr trufa negra
  • 10 gr mantequilla
  • Unha pizca de sal
  • Pementa negra
  • 30 gr queixo San Simón
  • Ceboliño
  • Aceite de oliva virxe
  • Unha loncha de xamón Galicia Calidade (Coren, Jamones González, Torre de Núñez)

Elaboración:
Cocer os ovos no forno a vapor durante 45 minutos a 67 grados centígrados. Por outro lado, cocer a pataca con sal. Unha vez cocida, triturala con nata, unha parte de trufa e mantequilla e encher o sifón.
Hornear o queixo ata que quede crocante. En plato fondo, poñer a escuma, os ovos e decorar coa loncha de xamón, o crocante, o resto da trufa e un pouco de ceboliño.