Ovos patacas, pan e chourizo, proposta de Eirado da Leña

Ingredientes:
Para os ovos:

  • Ovos Galicia Calidade (Avícola Tratante, Coren, Granja Campomayor, ou Pazo Vilane)

Para a escuma de pataca:

  • 2,5l de pataca Galicia Calidade fervida e escurrida (Patatas Conde)
  • 1l de auga de cocción
  • 1,25l de nata
  • 40ml de aceite de oliva
  • Sal

Para o pan:

  • Faragulla de pan do día anterior Galicia Calidade (Pan Chousa)

Para o chourizo:

  • 250gr de chourizo seco Galicia Calidade (Coren, Jamones González, Sadepor ou Torre de Núñez)
  • 1l de aceite de oliva

Preparación:
Poñemos os ovos nun roner ou forno a vapor 1 hora a 62,3º c e arrefriamos.

A continuación cocemos todos os ingredientes da escuma de pataca e triturámolo todo xunto. Pasamos por un tamiz. Introducimos en sifón e deixamos repousar.

Para o pan, quitamos a faragulla de pan e fritímola. Reservamos en papel absorbente para quitar o exceso de aceite.

Para o chourizo, poñemos nun cazo o aceite co chourizo a lume suave para que colla todo o sabor, durante máis ou menos 1 hora. Coamos todo e quedámonos co aceite. Reservámolo en xiringas de farmacia.

Teremos quente a escuma de pataca e os ovos. Poñeremos no fondo do cunco a escuma, despois a xema de ovo, que picaremos e inxectaremos o aceite de chourizo. Terminamos co pan frito, sal en escamas e uns brotes de tempada.