Pescada fresca do pincho en salsa verde con ameixas e langostinos
Ingredientes
- 4 toros de pescada de corte groso
- Aceite
- 1 cunquiña de fariña
- 2 dentes de allo
- 1 presa de perexil
- 16 langostinos frescos
- 150 gr. de ameixas frescas ou en conserva ao natural
- Sal
Preparación
Pelar os allos. Retirar os talos do perexil e reservar só as follas. Poñer o perexil nun vaso para batedoras.
Dispor a fariña nun prato e salgar os toros de pescada para enfariñalas a continuación. Nunha cazola de barro, botar un fondo de aceite e quencer.
Engadir os allos pelados ao aceite e fritir pero sen que se queimen. Retirar e botalos no vaso da batedora xunto co perexil. Engadir 2-3 culleradas de auga e un chisco de sal e bater moi ben coa batedora.
Nese mesmo aceite, na cazola e a lume baixo, cociñar os toros de merluza lixeiramente, un minuto por un lado e outro minuto polo outro sen que chegue a dourar.
Incorporar a salsa verde acabada de pasar pola batedora, xunto coas ameixas e os langostinos. Tapar e cocer uns oito minutos. Logo destapar e deixar que se evapore lixeiramente o líquido. Servir.