Polo con slim noodles

Ingredientes (para unha persoa)

  • 70 gramos de noodles
  • 150 gramos de filetes de polo
  • ½ pemento vermello
  • 50 gramos de cogomelos shiitakes
  • 50 gramos de chícharos
  • 2 ceboliñas
  • 1 dente de allo
  • ½ limón
  • Aceite de oliva
  • 2 cucharadiñas de salsa de soia
  • Coandro fresco
  • Sal e pementa

Preparación
Cortar o polo en pequenos tacos de aproximadamente 2 cm e salpimentar ao gusto. Verter un pouco de aceite nunha tixola, cociñar o polo ata o punto desexado e reservar. Picar o pemento, os cogomelos, as ceboliñas e o allo finamente. Saltear o pemento, os cogomelos e o allo, xunto cos chícharos e o polo. Pasados 3 minutos, incorporar os noodles e as ceboliñas. Deixar facer durante un par de minutos máis. Verter a salsa de soia, engadir unhas pingas de limón e retirar do lume. Finalmente engadir o coandro, empratar e servir.