Ruliño tempurizado de teriyaki de polo e shitakes
Para a mariñada Teriyaki
- 125 ml de salsa de soia
- 50 ml de Mirin (viño de arroz doce)
- 50 ml de Sake
- 1-2 cucharadas de azucre
Para o ruliño
- 2 láminas nori especial sushi
- 150 grs de arroz cocido
- Ingredientes do recheo (100 g de peituga de polo)
- Salsa de soia
- Esteira especial para sushi
- Fariña especial de tempura para rebozar
- Aceite de sésamo ou de oliva para fritir
Preparación
Teriyaki é unha salsa de comida xaponesa para peixe ou carne.
Tradicionalmente, a salsa teriyaki faise mesturando e quecendo catro ingredientes: mirin, azucre, salsa de soia e sake. Ponse a ferver ata que a salsa quede reducida suficientemente, depois engádese á carne ou peixe (tamén se pode adobar con anterioridade). Ás veces engádeselle xenxibre.
Cortar o polo en tiras, bañalo na mariñada e deixar polo menos 30 minutos (pode estar ata 24 horas). Enxugar a salsa teriyaki e poñer a quecer nun cazo ata que espese. Fritir o polo a lume forte pero sen que se queime. Retirar e reservar.
Para preparar a mistura de tempura engadiremos a auga necesaria par 100 g de fariña e deixámola refrixerar na neveira.
Faremos o maki axudándonos da esteira, colocando primeiro o arroz, logo o polo e enrolando. Selar cun pouco de auga.
Cando teñamos listo o ruliño rebozámolo na mestura de tempura e fritimos en aceite moi quente. Servir decorado co resto da salsa teriyaki.