Sopa de galiña de curral, navallas, verduras e ovo escalfado, proposta de Restaurante A Taberna
Ingredientes
- ½ litro de caldo de galiña Galicia Calidade (Coren)
- Chícharos de tempada
- Cenoria
- Navallas
- Un ovo Galicia Calidade (Coren, Granja Campomayor, Avícola Tratante ou Pazo Vilane)
Elaboración
Preparamos un fondo escuro con restos de galiña e verduras e deixámolo reducir. Damos un hervor aos chícharos. Cortamos a cenoria á xuliana. Abrimos as navallas, cortámolas en anacos sacándolles o estómago. A continuación escalfamos 3 minutos o ovo.
Empratado
Nun prato fondo colocamos o ovo, as verduras e navallas e posteriormente diante do comensal, engadimos o caldo.