Sopa de pataca asada con bacon e guarnición de embutidos, proposta de Pepe Solla e Torre de Núñez

A sopa:

  • 200 gr de pataca
  • 2 l de caldo de polo
  • ½ l de nata líquida
  • 150 gr debacon
  • Sal e pementa

Preparación:

Asar a pataca enteira con pel sobre unha cama de sal gordo. Unha vez asada, cortar e pelar e engadir sobre o caldo de polo. Mentres tanto poñer a lume suave a nata co bacon cortado en anacos, deixar cocer ata reducir á metade, triturar a pataca co caldo, engadir a nata reducida e coada, dar punto de sal e pementa, coar e reservar.

Ademais:

  • Embutido Torre de Núñez en láminas

Acabado e presentación:

Presentar as láminas de embutido no prato e servir a sopa ben quente.