Tartar de polbo á feira con pataca e salsa de pemento

Ingredientes:

    • 2 brazos/rabos cocidos de polbo
    • 4 patacas para cocer
    • Aceite de oliva
    • Pemento
  • 1 cullerada de maionesa
  • 1 dente de allo

 

Preparación:

-Pelar e cocer as patacas en auga fervendo con sal. Retirar en canto estean feitas e deixar arrefriar.

-Se o polvo non está cocido: Poñer a cocer nunha cazola abundante auga con sal. Cando comece a ferver, introducilo na cazola e levantalo dúas ou tres veces (o que popularmente se chama “asustar o polbo”) e deixalo cocer entre 30 minutos e unha hora, dependendo do tamaño do polbo. Se temos dúbidas, picalo cun espeto para comprobar se está cocido.

-Dispoñer nunha tixola 2-3 culleradas de aceite de oliva. Sofrir neste aceite o dente de allo pelado ata que se doure lixeiramente, e engadir unha cullerada de pemento. Deixamos un minuto mentres removemos a mestura e retiramos.

-Mesturamos unha cullerada de maionesa e pasamos o batedor. Incorporamos unha pequena cantidade de auga de cocer o polbo ata que a salsa nos quede á textura desexada. Corriximos o punto de sal.

-Para montar o tartar temos que torar o polbo e as patacas. Axudarémonos cun aro de emplatar para presentar o prato e decoraremos coa salsa.