Goza da natureza na Ruta da pedra e da auga

Goza da natureza na Ruta da pedra e da auga

01/03/2018 - 14:28

Se decidiches pasar uns días de relax no hotel  Augusta Spa Resort, á parte de gozar dos seus tratamentos, masaxes, pasar o tempo dentro do jacuzzi… dende o hotel propóñenvos unha ruta de sendeirismo, apta para todos os públicos, e a escasos dez minutos do hotel. Trátase da Ruta da pedra e da auga, que […]

Se decidiches pasar uns días de relax no hotel  Augusta Spa Resort, á parte de gozar dos seus tratamentos, masaxes, pasar o tempo dentro do jacuzzi… dende o hotel propóñenvos unha ruta de sendeirismo, apta para todos os públicos, e a escasos dez minutos do hotel. Trátase da Ruta da pedra e da auga, que percorre os concellos de Ribadumia e Meis. É unha ruta sen apenas dificultade, ideal para facela con nenos, así como tamén en  BTT.

A ruta ten unha extensión de 8,2 quilómetros e poderedes ir camiñando a través de carreiros á beira do río Armenteira, conta con bancos e mesas de madeira para todo aquel que queira descansar e repoñer forzas, pero o máis característico son os muíños, a “pedra” que, coa “auga” do río, lle dá nome á ruta. A ruta finaliza no Mosteiro de Armenteira, da orde do Císter. O mosteiro actual é de planta renacentista e barroca (o claustro, por exemplo, é do século XVI), aínda que se conserva a igrexa primitiva con seis arquivoltas e un soberbio rosetón calado.