O 33 Salón Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, volve abrir as súas portas do 8 ao 11 de abril en Madrid. Trátase da maior mostra adicada aos produtos delicatessen de Europa, un escaparate de vangarda que se converteu na cita imprescindible para os profesionais do sector agroalimentario. O Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade participará […]
O 33 Salón Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, volve abrir as súas portas do 8 ao 11 de abril en Madrid. Trátase da maior mostra adicada aos produtos delicatessen de Europa, un escaparate de vangarda que se converteu na cita imprescindible para os profesionais do sector agroalimentario.
O Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade participará nesta cita internacional. O martes 9 de abril, ás 12.30h o chef Hector López realizará unha masterclass sobre cortes alternativos Vaca galega / Boi galego.
Nesta cita tamén estarán presentes numerosas empresas galegas do sector certificadas por Galicia Calidade, como as Adegas Vilarvín – Valtea, Bodegas Altos de Torona, Bodegas Gargalo, Bodegas Regina Viarum, Escurís, Granja Campomayor, Hijos de Rivera, Señorío de Rubiós, e Feiraco. Ademais, as empresas Estrella Galicia e Cabreiroá son patrocinadores principais da presente edición do Salón.
33 edición do Salón Gourmets
O Salón Gourmets ocupará os pavillóns 4, 6, 8 e 10 de IFEMA (Madrid). Está previsto que máis de 100.000 profesionais visiten os 1.998 expositores cos seus 47.000 produtos gourmet e sorpréndanse coas 1.300 novidades previstas nesta 33 edición.