Como xa comentabamos a semana pasada, o Hotel Bosquemar, pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, estaba inmerso nun proceso de modernización da súa páxina web e do seu sistema de reservas para facilitar aos clientes este proceso. Nestes momentos, todas as persoas que desexen reservar a súa estancia xa poden facelo na páxina […]
Como xa comentabamos a semana pasada, o Hotel Bosquemar, pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, estaba inmerso nun proceso de modernización da súa páxina web e do seu sistema de reservas para facilitar aos clientes este proceso. Nestes momentos, todas as persoas que desexen reservar a súa estancia xa poden facelo na páxina web a través dun sistema de reservas máis moderno, sinxelo e completo.
Por outra banda, de cara ao comezo da tempada e da apertura do hotel, a menos de dous meses, propoñen aos usuarios unha enquisa para realizar unhas novas guías que axuden aos clientes na organización das súas vacacións, plans e actividades que realizar, etc.
Na seguinte ligazón, suxírennos 6 temas para valorar en función do interesantes que poidan parecernos cada un. (Puntuación de 1 ao 5, sendo o 5 a puntuación máis alta).