Hoxe abre as súas portas Hospitality Innovation Planet (HIP2018) no IFEMA (Madrid)

Hoxe abre as súas portas Hospitality Innovation Planet (HIP2018) no IFEMA (Madrid)

19/02/2018 - 12:00

Este encontro, que conseguiu, en moi pouco tempo, converterse no maior foro de innovación e transformación para o sector Horeca, recibirá uns quince mil asistentes, entre congresistas e visitantes, máis de mil categorías de produto, novos servizos e equipamentos para hoteis e restaurantes… Cunha duración de tres días, será un punto de encontro co coñecemento, a […]

Este encontro, que conseguiu, en moi pouco tempo, converterse no maior foro de innovación e transformación para o sector Horeca, recibirá uns quince mil asistentes, entre congresistas e visitantes, máis de mil categorías de produto, novos servizos e equipamentos para hoteis e restaurantes…

Cunha duración de tres días, será un punto de encontro co coñecemento, a transferencia tecnolóxica, o descubrimento de novos modelos de negocio para o sector…

A xornada inaugural comezará hoxe co I Congreso Europeo de Dereito e Gastronomía e o Hospitality 4.0 Congress. Mañá tocaralle a quenda a todo o relacionado coas estratexias de expansión e crecemento do sector hostaleiro, a través de Hotel Trends. E, por último, o mércores terá lugar Restaurant Trends, xunto á patronal da restauración organizada, Marcas de Restauración.

As principais marcas do sector Horeca presentarán as súas novidades e lanzamento de novos produtos para este 2018, nunha perfecta combinación de show-businessproduct-placement, conferencias e comunicación neurosensorial, participando na zona de exposición, no congreso e en múltiples eventos propios que acontecen na cidade, unha vez terminada a xornada profesional no IFEMA.

Se este ano se che pasou esta cita, non dubides en apuntala na axenda para o vindeiro ano. Se queres información sobre estas e outras citas de interese, así como sobre festas gastronómicas en Galicia… non dubides en consultar a axenda da nosa web!