Iñaki Bretal presenta en Madrid Fusión a calidade dos produtos galegos

Iñaki Bretal presenta en Madrid Fusión a calidade dos produtos galegos

24/01/2018 - 13:02

Con 16 anos de historia, Madrid Fusión é unha das citas mais relevantes do mercado gastronómico español e internacional. Nesta ocasión, contou cun programa con máis de un cento de ponencias de grandes chefs ata hoxe día 24. A axenda do congreso contou coa participación dos chefs españois máis relevantes como Andoni Luis Anduriz, Joan […]

Con 16 anos de historia, Madrid Fusión é unha das citas mais relevantes do mercado gastronómico español e internacional. Nesta ocasión, contou cun programa con máis de un cento de ponencias de grandes chefs ata hoxe día 24. A axenda do congreso contou coa participación dos chefs españois máis relevantes como Andoni Luis Anduriz, Joan Roca o Quique da Costa. Ademais, a cita elexirá ao Cociñero Revelación 2018 e reunirá nomes mais anónimos da gastronomía española e internacional, aos que os organizadores refírense como “unha cuarta xeneración de chefs”.

Neste caso, o grupo Lecer conta coa presenza do chef Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado da Leña (Pontevedra), nun showcooking onde se presentou ao público o abalón, un molusco cultivado na ría galega de Muros, que conta cunha gran versatilidade e pode cociñarse ao forno, ao vapor, a prancha.. e tamén guisarse con fabas ou callos e ata cociñarlo ao estilo a feira.