A CARBALLEIRA RESTAURANTE

Información xeral
Servizos
Contorna
A Carballeira está situado a uns 12 quilómetros de Ourense, situado na N-120 ao seu paso pola localidade de Santa Cruz de Arrabaldo. Dispón de tres amplos salóns, para celebracións como vodas, comuñóns e banquetes para grandes grupos, cun aparcadoiro amplo, parque infantil e para tomar aperitivos fóra cunha arborada que lle dá o nome ao restaurante. A cociña presta especial atención á calidade das materias primas e o restaurante prima a atención dos seus clientes. A Carballeira oferta unha ampla carta diaria, con peixes e mariscos do día xunto a unha variada oferta de carnes e produtos de tempada. Entre as súas especialidades figuran o arroz con bogavante. Todo iso acompañado dunha ampla oferta de viños. Ten tres salóns para banquetes con capacidade de ata 800 persoas, salóns privados para convencións e ampla superficie de aparcadoiro.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
É o Miño o que inunda a retina, ancho e freando a súa marcha, coas súas ribeiras verdes e a autovía a Vigo facéndolle a competencia na súa horizontalidade pola outra ribeira. Seguindo a estrada aparece Ribadavia, co seu barrio xudeu (que require dunhas horas de visita) e o seu magnífico e rehabilitado castelo, á parte dunha das pequenas xoias prerrománicas de Galicia: a capela de San Xes de Francelos, xa nos arredores.