Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
A Parada das Bestas é unha antiga casa de labranza galega do século XVIII. Consta de tres edificios principais: a casa grande, a palleira e o tendal do forno, e de dous anejos: o hórreo e unha das poucas eras de mallar (onde antigamente separábase o gran da palla) que aínda se conservan en Galicia.
Anos de obras, moito esforzo e moito agarimo fixeron posible que hoxe podamos gozar dun dos mellores establecementos rurais de Galicia, un lugar máxico no que se para o tempo e onde a calquera lle gustaría perderse. Esta antiga casa conserva todo o seu encanto sen estar rifada coas melloras tecnolóxicas, que fixeron dela o lugar perfecto para descansar en plena natureza.
A casa conta con dúas entradas, a principal -antiga entrada de carros- e a traseira. O seu tellado a catro augas cuberto de tella, os seus sólidos muros de pedra e cantería orixinal, as súas portas, xanelas e vigas de madeira fan desta antiga casa de labranza unha estancia moi acolledora.
Os seus propietarios, María e Suso -unha entrañable parella: economista e excelente cociñeira ela e emigrante retornado coa cabeza chea de boas ideas el- adquiriron esta casa en 1992. Duros e inesquecibles comezos cando A Parada dás Bestas, facendo honra ao seu nome, dedicábase unicamente a organizar paseos dacabalo e a dar cervexas e racións no que hoxe é a era de mallar.
Consta de sete habitacións dobres provistas de baño e calefacción, dúas elas con bañeira de hidromasaxe. Se se quere un pouco máis de intimidade na Parada das Bestas a opción é aloxarse nuns dos seus catro novos apartamentos confortablemente equipados. Estes apartamentos (tres dobres e un individual) dispoñen de varias habitacións, salón, baño,cociña, televisión, calefacción...
Onde antigamente gardábase a palla hoxe podemos degustar e gozar da mellor gastronomía e dos mellores caldos. A súa carta en constante evolución sabe mesturar o tradicional co máis novo. Os seus pratos cunha impecable presentación baséanse nos produtos de tempada e na mellor materia prima galega: carnes de boi, queixos de Arzúa-Ulloa, lácteos ecolóxicos, capóns da zona e en breve hortalizas da horta de Suso. Ademáis da terraza e a sala de lectura, na Parada das Bestas cando aperta a calor tamén podemos darnos un mergullo. Maiores e pequenos poden gozar das súas dúas piscinas de auga salgada.
A Parada das Bestas atópase nun lugar único do ‘Camiño Francés’, a 4 minutos a pé do centro da poboación de Pidre (Palas de Rei). Con máis de tres séculos de antigüidade, o establecemento ofrece varias opcións para gozar duns arredores inigualables. O hóspede terá a oportunidade de aloxarse na Casa Principal, ou Casa Villasante, ou nun dos seus catro apartamentos rurais; todos eles equipados con wifi, TV de pantalla plana, teitos con vigas de madeira, muros de cachotería á vista, calefacción e unha piscina ao aire libre. Ademais
de descansar, o viaxeiro poderá repoñer forzas grazas á oferta gastronómica, na que está presente a innovación e a recuperación dos pratos dos antigos peregrinos.