A TABERNA RESTAURANTE

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
A Taberna Restaurante está situado á entrada do centro histórico de Ourense, nunha antiga casa restaurada, preto do Xardín do Posío. Ofrece aos seus clientes unha cociña caseira, tradicional e galega, aproveitando as boas materias primas, frescas e de tempada. As instalacións e decoración son rústicas, creando unha atmosfera moi agradable. Dous salóns elegantemente decorados permiten situar grupos de empresa, de familia, eventos, etc. para os que elaboran menús especiais previa reserva. Ademais, dispón dunha adega con máis de 300 referencias nacionais e internacionais. Desde finais da 2010 conta co distintivo Q de Calidade Turística outorgado polo Instituto para a Calidade Turística Española. Tamén conta coa recomendación da Guía Michelín e, desde  2014, coa distinción dun Sol Repsol.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
Vida. Iso é o que rodea este establecemento, porque se atopa na zona máis puxante da cidade. E arte, porque a catedral dista só un paseo, aínda que certamente un pouco máis lonxe que as termas máis coñecidas de Galicia: As Burgas (a de Arriba e a de Abaixo), de orixe inequivocamente romana, como demostran as aras achadas aí e cuxa contorna inmediata foi recuperada hoxe en día de forma impecable.
A Taberna Restaurante