A TAFONA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O restaurante onde se desenvolve a proposta gastronómica de Lucía Freitas en A Tafona é informal e cheo de contrastes, pois combina as súas rechamantes paredes en pedra cunha preciosa escaleira, un lucernario e algún que outro detalle de deseño. A nova chef, que con este restaurante converteu o seu soño en realidade, elabora unha cociña de mercado de corte moderno con moito sabor, boa técnica e elegantes maridaxes. O restaurante foi galardoado cunha Estrella Michelín en novembro de 2018.
O restaurante conta con acceso para persoas con movilidade reducida e aire acondicionado. Precio medio de 34 € a 70 € por persoa.
Situado na Virxe da Cerca, moi preto dunha das antigas portas de acceso á cidade vella de Santiago, a Porta do Camiño.