ASADOR VACA VELLA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Asador Vaca Vella abriu as súas portas no ano 2014, cun equipo de profesionais de ampla experiencia que aposta pola calidade nos produtos e un bo servizo aos usuarios. Está especializado en carne de vaca vella á brasa e cociña da terra á grella. Na selección das carnes séguese o proceso de maduración, para poder ofrecer o produto de mellor calidade e sabor. Destacan cortes de carne como o chuletón, entrecot, solombo, churrasco, picaña, croca, etc... Pero tamén se poden degustar peixes frescos e segundo mercado. O asador ofrece aos seus clientes xornadas gastronómicas de boi e catas de viños, xa que conta cunha ampla selección de referencias de todoas as denominacións de orixe galegas.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
O Val da Maía forxa o seu carácter na moderación do seu clima, nasuavidade da súa orografía, na música de centos de campás e na letra dos poemas de Rosalía de Castro. Un abano de sensacións que teñen como complemento imprescindible a riqueza dos produtos agroalimentarios que cada día chegan a Bertamiráns para serenpostosá disposición da cociña máis esixente. Unha calidade sen igual, que ten nas carnes, sen dúbida, o seu punto culminante, como se pode apreciar na carta do ‘Asador Vacavella’, que sorprende pola variedade e polas tonalidades de sabores presentes nas súas propostas culinarias.
Vaca Vella