BAR BERBERECHO

Información xeral
Servizos
Contorna

Bar Berberecho está situado no porto deportivo de Sanxenxo (Pontevedra), nunha rúa peonil, sen tráfico de vehículos e a 180 metros dun aparcadoiro e a 50 metros da praia urbana de Silgar. Dispón dunha terraza con vistas ao mar.

Bar Berberecho é unha tapería que combina a cociña tradicional con técnicas actuais e aposta polos produtos de mercado. Conta cunha ampla e esixente selección de viños.

A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
O seu emprazamento é, simplemente, un luxo que o converte nun lugar ao que chegar tras percorrer o concorrido paseo ou gozar da praia de Silgar. Se o corpo pide aventura sen risco, desde Sanxenxo saen a diario modernas embarcacións que en Semana Santa e no verán unen constantemente o continente coa illa de Ons, incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas, e tamén con varias praias.