Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
A Bodeguilla de San Lázaro foi inaugurada no ano 2005 en Santiago de Compostela. Segue o concepto e a acha de éxito do seu antecesor o restaurante a Bodeguilla de San Roque. É un restaurante de ambiente agradable e familiar, situado en pleno Camiño de Santiago, con terraza ao aire libre, espazo reservado para manter reunións, comidas de empresa.
A Bodeguilla de San Lázaro ofrece aos seus clientes numerosas catas de viños, licores e aceites que acaban de saír ao mercado, ao longo de todo o ano. conta cun aparcadoiro público próximo, situado a 100 metros do Palacio de Congresos, e das principais saídas de Santiago de Compostela.
Neste local pódese gozar de todos os produtos galegos por excelencia, sempre preparados con sinxeleza, esmero, agarimo e con finos e sutís toques vangardistas. Segundo a tempada ofrece os produtos correspondentes (os grelos no inverno, lacón en entroido, os pementos de Padrón, etc.) e introduce novos pratos xunto cos tradicionais e de mais éxito.
Dispón dunha inmensa e coidada adega, onde se poden atopar mais de 300 referencias de viños galegos, españois, e doutros países (Australia, Arxentina, California, Chile, Francia e Portugal). Destacan, entre a infinita variedade de viños, todas as denominacións de orixe galegas, con mais de 100 referencias. Cada semana suxiren novos viños para que proben os clientes.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
A Santiago de Compostela chega tanta xente de fóra que lle tiveron que poñer o nome de ‘Preguntoiro’ á rúa que leva cara á catedral. Co tempo, Compostela madurou outro punto de encontro para os peregrinos que baixan desde o Monte do Gozo; nesta ocasión é un rótulo co nome da cidade, no que os romeiros van deixando recordos e amuletos que os acompañaron nos duros días do ‘Camiño’. Non é casualidade que neste contorno máxico,ás portas da Cidade,se atopea ‘Bodeguilla de San Lázaro’, que recibe aos estranxeiros e os converte en vecinos coa selección dos mellores viños e a maxia da súa cociña na que toman protagonismo especial os productos galegos de calidade combinados coa mestría dunha fórmula que cumpre 25 anos na primeira das bodeguillas que abriu as súas portas, a Bodeguilla de San Roque.