Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
A Bodeguilla de Santa Marta foi inaugurada no ano 2012 en Santiago de Compostela. Ten a experiencia e proximidade de trato das súas irmás a Bodeguilla de San Roque e a Bodeguilla de San Lázaro. Está situada na zona máis noticia e acolledora de Santa Marta.
É un restaurante moderno bullicioso e confortable que conta con profesionais dedicados e desexosos de achegar un trato próximo e familiar, cun ambiente variado e cálido.
Podemos atopar produtos galegos, sempre preparados con sinxeleza, esmero e un toque de modernidade. Cada tempada introdúcense pratos novos na carta xunto cos pratos tradicionais.
A Bodeguilla de Santa Marta dispón dunha inmensa e coidada adega, onde se poden atopar máis de 300 referencias de viños galegos, españois, e doutros países. Destacan os viños de todas as denominacións de orixe galegas, con mais de 100 referencias.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
Alí onde Compostela se desentumece para medrar cara ás vellas pedras do Castelo da Rocha Forte, desde ondeo omnipresente arcebispo Xelmírez vixiaba os normandos –que desde Catoira se dirixían terra adentro sen piedade–, preto dese punto neurálxico da Historia de Compostela, atópase a ‘Bodeguilla de Santa Marta’. Atenta, como as súas irmás, á súa función de embaixadora da cidade, abre un abano de sabores que unen o mellor da nosa cociña tradicional cunha selecta escolla de productos galegos de calidade. Innovación para un barrio novo dunha cidade milenaria, todo un reto acadado con pleno éxito.