CASA DAS XACIAS

Información xeral
Servizos
Contorna
Casa das Xacias é unha antiga casa de aldea edificada nos anos 30 e coidadosamente restaurada no 2001. A casa ten 250 m2 en dúas plantas e 2.500 m2 de terreo privado. Con capacidade para 15 persoas, dispón de 6 habitacións dobres, unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida. Cada unha coas súas propias características, cómodas, acolledoras e con baño propio. Para nenos pódense engadir ademais 3 camas supletorias. A casa rural dispón de salón con cheminea, televisión e xogos de mesa. Tamén conta con comedor, soportal con barbacoa e unha cociña totalmente equipada (lavalouzas, microondas, neveira, conxeladora, forno, vitrocerámica e utensilios de cociña). Tamén dispón de lavadora. O terreo dispón dunha horta para disfrutar os produtos de tempada, así como unha plantación de vides das diferentes variedades de uvas D.O. Ribeira Sacra. E tamén no exterior, atópanse instalacións de xogos populares. Casa Das Xacias ten o distintitivo de LugoO2- AENOR, que fomenta unha rede de hostalaría de calidade na provincia de Lugo potenciando as singularidades do ámbito (produtos autóctonos, valores gastronómicos e naturais) e axuda ó desenvolvemento sostible do territorio, apoiando a posta en valor dos recursos naturais entre os nosos clientes e os veciños da Casa das Xacias.
O establecemento conta cunhas características arquitectónicas específicas integradas de forma harmoniosa co contorno arquitectónico e natural da zona que se sitúa.
Casa das Xacias está no corazón de Galicia e tamén no corazón da Ribeira Sacra. Ríos entre montañas definen a zona, cos seus característicos viñedos en socalcos e a súa peculiar viticultura heroica. Os amantes do bo viño poderán gozar así desta deliciosa denominación de orixe nun marco incomparable. Casa das Xacias é unha antiga casa de aldea edificada nos anos 30 e coidadosamente restaurada no ano 2001. A casa ten 250 m² distribuídos en dúas plantas e 2.500 m² de terreo. Aloxamento en modalidade de “aluguer de casa completa” con capacidade para 15 persoas, dispón de 6 habitacións dobres, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida. Pódense engadir, ademais, 3 camas supletorias para nenos. Aloxamento en modalidade de "aluguer da casa completa". 
Logotipo casa xacias