CASA DE CACHEIRO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
En Silleda, no centro de Galicia e a escasos 10 minutos de Santiago de Compostela, atópase a tranquila e señorial Casa de Cacheiro. Trátase dunha casa rural restaurada na que se combina tradición, modernidade e calidade, está próxima ao recinto feiral Semana Verde, na Vía da Prata do Camiño de Santiago, e resulta ideal para alugar completa ou por cuartos. Dispón de 7 cuartos dobres con TV e calefacción,dous grandes salóns comedores con mobles antigos, unha típica lareira galega e amplos xardíns con árbores centenarias e autóctonas. Rodeada de paz e tranquilidade, conta con varias distincións, como o Premio Nacional Posada de Oro 2002,Vips Radio Turismo2003, o selo de prestixio Compromiso coa Calidade Turística(outorgado polo Padroado de Turismo Rías Baixas) e aQ de Calidade Turística.  Esta casa, situada nun contorno natural envexable, está rodeada de ríos, mosteiros, torres, montañas, fervenzas naturais, praias fluviais, inmensas zonas verdes, etc. o que permite gozar dos días de descanso en Casa de Cacheiro. Entre estes lugares de interese destacan a fervenza do río Toxa, o Mosteiro de Carboeiro, o Pazo de Oca, a praia fluvial da Carixa, o Santuario da Saleta ou o recinto feiral de Silleda.
O establecemento conta cunhas características arquitectónicas específicas integradas de forma harmoniosa co contorno arquitectónico e natural da zona que se sitúa.
O establecemento é un magnífico campamento base para explorar unha zona saturada de tesouros naturais e obras humanas. Deixando á marxe a cidade de Santiago de Compostela, moito antes atópase o monte sagrado de Galicia, o Pico Sacro, cuxo cume acolle a ermida de San Sebastián e unha inigualable fenda na roca coñecida como Rúa da Raíña Lupa. As covas (só accesibles para especialistas) e os restos da súa fortaleza incrementan o valor do lugar. Pero tamén hai que facer referencia á fervenza do Toxa, un río que se precipita nun lugar inigualable do que parte unha ruta de sendeirismo (algo menos de dúas horas e outro tanto de volta) que conduce ao mosteiro de Carboeiro.

GALERÍA DE IMÁXES