Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Casa Vixide é unha antiga casa de aldea do s XVIII,consta de dúas habitacións dobres con baño, salón comedor cociña, e un apartamento con dúas habitacións dobres con baño compartido ,sala con mini cociña e outro baño. Atópase situada nunha parcela de 4.100m, rodeada dunha ampla zona de céspede, froiteiros e plantas ornamentais.
Na casa destacan as vigas de madeira do teito, a cheminea, o chan de pedra e madeira, os mobles antigos da propia casa que foron restaurados polos seus propietarios.Cabe destacar as mesas do salón, o aparador onde se gardan pratos e vasos que foron quedando da familia, as camas de ferro, o reloxo de parede e unha infinidade de obxectos que decoran cada unha das estancias.
También ten un hórreo (edificación típica galega onde se almacenaban as mazorcas de millo) e un alpendre onde se atopa un comedor de verán con grellada para degustar á brasa as ricas carnes da zona.
O establecemento conta cunhas características arquitectónicas específicas integradas de forma harmoniosa co contorno arquitectónico e natural da zona que se sitúa.
Lalín é a capital da comarca do Deza, ten unha privilexiada situación como centro xeográfico e de comunicacións. Pódese falar de Lalín como quilómetro cero de Galicia.
- TRADICIÓN: A matanza do porco ou a malla tradicional son só dúas das múltiples tradicións que se están recuperando e impulsando para convertelas en referentes turísticos
- CULTURA: Lalín, ccomo berce dun dos precursores da nova pintura galega, o pintor Laxeiro, conta cunha completa red museística e de espazos de exposición
- NATUREZA: A serra do Candán, as incomparables carballeiras,as decenas de regatos e ríos
- COMERCIO: A variada oferta comercial é o complemento perfecto para gozar dunha estancia en Lalín
- GASTRONOMÍA: Lalín é un bo lugar para xantar e, sobre todo, para gozar comendo; é é un deses pobos que cativan ao viaxeiro polo seu padal, especialmente se proba o mellor cocido do mundo.
- FERIAS: Os días 3 y 18 de cada mes, a cita co mercadillo é ineludible en Lalín