CHICOLINO RESTAURANTE

Información xeral
Servizos
Contorna
Chicolino Restaurante é unha empresa especializada en restauración e organización de eventos. Con instalacións propias en Boiro, dispón de medios loxísticos para ofrecer servizos de cátering en recintos abertos ou pechados. Desde hai máis de 50 anos, Chicolino aplica unha política de compromiso coa calidade e a satisfacción dos clientes. Tamén segue unha rigorosa xestión ambiental, tanto na prestación do servizo como na xestión dos produtos.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
O sal mariñeiro das praias e os cantís de Boiro impregnan o aire que sobe ata o monte daCurota, desde onde se pode ollar tan lonxe como a vista queira levar o viaxeiro. Terra e mar fúndense no abrazo recortado da costa arousá. O mellor do peixe e o marisco de proximidade chega ás lonxas da comarca, lugar de abastecemento do restaurante ‘Chicolino’ desde hai máis de cincuenta anos, co interese e esixencia do primeiro día. Unha adega selecta e un ambiente acolledor son os elementos polos que os que elixeno ‘Chicolino’ para as súas celebracións seguen escolléndoo cada vez que desexan organizar un evento especial.