CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas

Fundado en 1992, o Club Náutico de Portonovo dispón de de amplos servizos para o navegante. Ten mariñeiría todo o ano, escola de actividades náuticas, con vela, mergullo, piragüismo e motos acuáticas. 

Ten en concesión o porto deportivo de Portonovo que dispón de capacidade para 203 embarcacións e amarres de 6 a 20 metros de eslora.

Entre os seus servizos, destacan a mariñeiría todo o ano, botes de traslado a fondeos, estación meteorolóxica, xestión de licenzas, xestión de formación de titulacións náuticas e limpeza de carenas.
O Club Náutico de Portonovo é o primeiro porto deportivo que se atopa na Ría de Pontevedra, aberto á extraordinaria paisaxe desta Ría. Portonovo é unha zona turística e de veraneo de gran importancia e nos seus arredores podemos gozar de fermosas praias como a de Silgar, Baltar,  Caneliñas, Montalvo,  Foxos ou A Lanzada.

GALERÍA DE IMÁXES