CLUB NÁUTICO DEPORTIVO DE RIVEIRA

Información xeral
Servizos
Contorna

Foi fundado en 1972 por un pequeno grupo de amigos unidos fundamentalmente pola paixón polo mar e unha gran afección ao deporte da vela.

Conta cunha Escola de Vela que organiza ininterrumpidamente cursiños de vela lixeira e cruceiro, con profesorado titulado pola Federación Galega.O clube participa cos seus equipos de regata nos diferentes eventos deportivos celebrados ao longo de toda a xeografía galega. Ademais, organiza regatas de diferentes categorías das clases optimist, dornas e cruceiro.

O clube conta con 239 amarres e presta servizos de varada e botadura, alugueiro de hidrolavadora e suministro de auga, luz e combustible. Dispón tamén dun restaurante, ‘El Naútico’, que ofrece os mellores produtos da nosa terra acompañados de fermosas vistas á Ría de Arousa.
O Clube Naútico Deportivo de Riveira está na Ría de Arousa. É o primeiro porto do Barbanza, na beira norte, e a maior das Rías Baixas para gozar dunha navegación pracenteira.

Porto Deportivo. Riveira. A Coruña

Teléfono: +34 981 874 739/ 648 187 170