O Club dispón de servizo de atención a usuarios, control de amarres e mantementos. Nos pantaláns que o Club xestiona disponse dun total de 341 prazas de amarre, con prazas dispoñibles entre 6 e 16m. Os usuarios dispoñen de aseos, vestiarios e duchas no edificio de servizos e unha tenda con roupa náutica.
O Club conta cunha Escola de Vela con máis de 20 anos de experiencia, na que se imparten cursos de vela lixeira e cruceiro para todas as idades e niveis.
O Club Náutico Ría de Ares está na enseada de Ares, na Ría de Ares e Betanzos. Ao fondo ten a desembocadura do Río Eume, que promete un paraíso augas arriba.