CLUB NÁUTICO SAN VICENTE DO MAR

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas

Desde o momento da súa creación en 1998, o clube tivo unha clara vocación divulgativa dos valores do deporte, a cultura e o medioambiente, impulsando o deporte náutico a través da súa Escola de Vela e mediante a organización de regatas, concursos de pesca e actividades culturais.

Conta con 134 amarres de entre 6 e 12 metros de eslora e 10 das prazas reservadas para transeúntes e un pantalán móbil de uso en período estival co que dar maior cobertura aos transeúntes.

As instalacións do porto ofrecen servizos de mariña seca, gasolineira, vixilancia permanente, aparcamento para os concesionarios, restaurante e cafetería, wifi, recollida selectiva de residuos perigosos, piscina e spa.
O Clube Náutico San Vicente  do Mar está situado entre as Rías de Arousa e Pontevedra. Trátase dun porto protexido do mar aberto e no centro do gran polo turístico das Rías Baixas e coa inmensa praia da Lanzada á fronte.

GALERÍA DE IMÁXES